Escoitar

Santi Domínguez salienta que o aforro de 100.000 euros no alumeado de Nadal permite aplicar medidas contra a crise

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes que o custo do alumeado do Nadal 2009-2010 supón un aforro de aproximadamente 100.000 euros respecto ao ano pasado. Segundo afirmou o concelleiro, os 200.000 euros cos que conta este ano de orzamento son "razonables", permiten que todas as parroquias teñan puntos de alumeado, e sobre todo, favorece que se poida destinar orzamento a iniciativas que teñen por obxectivo paliar as consecuencias da crise económica no pequeno e mediano comercio da cidade.

martes, 24 nov 2009
1259070576alumeadonadal.jpg
"Dende a Concellería de Comercio temos que seguir afrontando as axudas para manter o emprego e fomentar o consumo nesta época de crise", salientou Santi Domínguez. Estes esforzos económicos para manter o nivel das axudas provocan, segundo o tenente de alcalde, que o outras áreas se resintan, como é o caso do alumeado de Nadal. Porén, asegurou que se mantén o mesmo número de parroquias ás que chega o alumeado, 21, pese a que se reduce o número de rúas nun 20% aproximadamente, do mesmo xeito que se mantén o número de prazas e mercados alumeados. "Decidimos manter a intensidade nas zonas comerciais da cidade porque consideramos que é unha medida necesaria nestas datas. Tamén quixemos que todas as parroquias estiveran alumeadas, para manter a política que iniciamos hai dous anos de igualar o centro e os barrios e parroquias", afirmou.

O tenente de alcalde afirmou que nestes momentos de crise as administración "teñen que dar exemplo de aforro". Así, sinalou que tamén se reduciu o número de puntos de luz, ao descender de 1.158.000 o ano pasado a 839.000 neste, pero mantendo prácticamente o número de elementos e de arcos.
Os datos relacionados co consumo tamén se reducen o que supón seguir afondando no aforro enerxético, medida iniciada no ano 2007. Neste sentido, indicou que a potencia disminúe de 780 kilowatios do ano pasado a 490, de xeito que o consumo pasa de 118.000 kilowatios hora a 77.000. Ademais, o custo por consumo decrece de 12.000 euros a 9.700.

No tocante ao acendido do alumeado, Santi Domínguez destacou que terá lugar o 4 de decembro ás 18 horas na Porta do Sol, e que permanecerá ata o 6 de xaneiro. O horario será similar ao ano pasado, de 18 a 22 horas agás as datas máis sinaladas, como os días da ponte, 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro que será ata as 3 da madrugada.
Descargar todas as imaxes