Abel Caballero asina co Círculo Mercantil un convenio que sufraga as súas actividades e a Coral Casablanca
O alcalde de Vigo e o Presidente do Círculo Mercantil, Miguel A. González-Besada, asinaron este mércores un convenio de colaboración polo que o Concello achega 27.000 euros para soster a labor desenvolvida pola entidade á cidadanía nos seus actos públicos e institucionais e á Coral Casablanca. Segundo estipula o acordo, a devandita formación ofrecerá tres concertos.<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asintou este mércores un convenio de colaboración co Presidente do Círculo Mercantil, Miguel A. González-Besada, para sufragar as súas actividades públicas e para o sustento da Coral Casablanca.
Segundo reza no texto, a Alcaldía de Vigo aporta 27.000 euros para as accións públicas da entidade, como por exemplo a edición da sua revista, a acollida de exposición de carácter cultural na súa sede e a programación de tres concertos especiais da Coral Casablanca con orquesta, que serán o de Nadal, o Memorial Lírico Camilo Veiga e un terceiro a definir polas partes.
Descargar todas as imaxes