Escoitar

Xabier Alonso anuncia que deportistas de todo o estado participarán este sábado no XI Trofeo Cidade de Vigo de Kárate

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, avanzou hoxe que o XI Trofeo Cidade de Vigo de Kárate terá lugar este sábado 28 de novembro, no pavillón do Berbés, a partir das 16.30 horas. Organizado polo clube A.D. Zanshin, ao que Xabier Alonso agradeceu o seu esforzo e traballo continuados, a competición disputarase nas categorías infantil, xuvenil, cadete, xunior, sub-21 e senior e nela participarán clubes procedentes de todo o estado.

xoves, 26 nov 2009
1259243031torneokarate.jpg
"Dende a Concellería de Deportes traballamos para que todas as especialidades deportivas teñan a oportunidade de organizar o seu correspondente Trofeo Cidade de Vigo", salientou o edil do BNG. Neste sentido explicou que estas competicións se valora de xeito positivo que aposten polo deporte de base, participen clubes e equipo de diversa procedencia e que nelas teñan cabida tanto a vertente masculina como a feminina.

O responsable do clube A.D. Zanshin, Fernando Álvarez, indicou que o Trofeo de Vigo de Kárate é un evento dunha "gran solera", posto que reunirá a participantes "moi representativos" nos ámbitos galego e estatal. Asemade, destacou que a competición conta cun recoñecemento "incluso no eido internacional".
Descargar todas as imaxes