Escoitar

O alcalde inaugurou a nova sede galega da Sociedade de Prevención da FREMAP

A sede rexional de Galicia da Sociedade líder no sector está ubicada en Vigo, e hoxe xoves foi inaugurada polo alcalde, Abel Caballero. O novo centro emprega a 50 profesionais especializados na prevención de riscos laborais. Á inauguración, na que descubriuse unha placa conmemorativa, sucedeulle un encontro con empresarios e organismos públicos relacionados co sector.

xoves, 26 nov 2009
1259243445fremap.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este xoves a nova sede para Galicia da Sociedade de Prevención da FREMAP, empresa líder no sector da prevención de riscos laborais, que está localizada na rúa viguesa Arquitecto Pérez Bellas.

A nova ubicación acollerá a cinconta profesionais especializados na prevención da siniestralidade laboral a empresas e traballadores do gran Vigo, ademais de ser a sede rexional para Galicia.

Na inauguración do novo centro de traballo da entidade descubriuse unha praca conmemorativa, acto que precedeu a un encontro con empresarios e organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

Na súa intervención, Abel Caballero destacou o "magnífico traballo" da entidade -o Concello de Vigo traballa coa Sociedade- que desde Vigo dirixe a toda Galicia, e eloxiou o "equipo de profesionais novo e moi ben formado". Caballero recoñeceu o "traballo ben feito dunha empresa afincada en Vigo que dedícase a traballar pola saúde dos vigueses e viguesas".

A Sociedade de Prevención de FREMAP conta en Galicia con 150 empregados -dos que un tercio desempeñan a súa actividade en Vigo- e 3.000 clientes que dan traballo a 138.000 persoas. Deste total, unha terceira parte están localizadas en Vigo e a súa área de influenza.
Descargar todas as imaxes