O tenente de alcalde salienta o éxito que o programa Ludo-Pam está acadando na integración de escolares de Teis
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este xoves o éxito de funcionamento do programa Ludo-Pam, que está dirixido a escolares de 6 a 12 anos de Teis que presentan algún problema de integración. No primeiro dos tres centros de ensino que visitou esta mañá, o CEP Santa Tegra, o nacionalista indicou que este é un programa desenvolvido pola Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Benestar Social, Xuventude e Igualdade, en colaboración co Plan Comunitario de Teis co obxectivo de que os veciños e veciñas do barrio dispoñan de servizos nos eidos da educación, a cultura e os deportes, entre outros, para mellorar a calidade de vida e evitar a exclusión social.
Santi Domínguez explicou que neste curso, no programa Ludo-Pam, participan 25 nenos e nenas distribuidos en tres centros educativos públicos do barrio (Tegra, Frián e Paraixal). A visita aos colexios, na que tamén participaron as concelleiras de Benestar Social, María Méndez, e Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, ten por obxectivo "pulsar se este servizo está funcionando e xa recollimos a valoración positiva que están facendo os orientadores", apuntou o tenente de alcalde.
"Estamos satisfeitos de que os recursos que temos sirvan para traballar para a xente e para incrementar a calidade de vida, comezando polos nenos e nenas", manifestou Santi Domínguez, tras o encontro que mantivo no CEIP Santa Tegra xunto as concelleiras co equipo directo e de orientación do centro de ensino. Neste sentido, expresou o compromiso de que as áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía "seguirán traballando a través deste tipo de programas para acadar a integración".
O programa Ludo-Pam está dirixido a nenos e nenas con dificultades no acatamento das normas, e procura a súa integración mediante unha metodoloxía participativa baseándose no establecemento dunha relación de confianza con eles. Deste xeito, búscase adecuar a intervención ás súas características persoais e reformular e adaptar continuamente as actividades. Para o desenvolvemento das actividades, os nenos e nenas participantes distribuíronse en tres grupos. No primeiro deles ubicáronse os rapaces e rapazas dunha idade semellante que presentaban dificultades de aprendizaxe significativas. No segundo situáronse os nenos e nenas que amosaban importantes carencias a nivel escolar. No terceiro grupo incluíronse aos nenos e nenas de maior idade, que en algún caso manifestaban carencias no eido educativo e sobre todo no acatamento de normas e hábitos de traballo.
Co obxectivo de motivar aos rapaces e rapazas participantes emprégase un método autoavaliativo, premiando aos que ao final da semana a súa media dos resultados das actividades era positiva. Respecto ás actividades, o programa inclúe dinámicas baseadas na igualdade, xogos nos que se traballa o autocontrol, a autoestima e iniciativas nas que os rapaces e rapazas poden aprender a valorar a interculturalidade. As datas conmemorativas, como o Día da Paz, o Día Internacional da Muller, o Día do Libro, ou o Día das Letras Galegas, tamén se empregan como punto de partida para desenvolver actividades culturais e educativas cos participantes.
Descargar todas as imaxes