Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

xoves, 3 dec 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 4 DE DECEMBRO DE 2009.



1.- Acta da sesión ordinaria do 16 de novembro e extraordinaria e urxente do 19 de novembro de 2009.

ALCALDÍA
2.- Indemnización substitutiva a favor de "Cateríng Don Pepe" e "Viguesa de Transportes" como consecuencia da celebración da Feira Mundial de Pesca. Expte. 6189/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 2185/02, 2308/04, 21/04, 1567/11.

4.- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 2264/02.

5.- Proxecto de convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento do Programa Xantar na Casa. Expte. 47754/301.

CONTRATACIÓN
6.- Modificación da traza do aparcadoiro subterráneo da rúa Areal. Expte. 18642/240.

7.- Adxudicación provisional do "Servizo de deseño e produción das carrozas para a cabalgata de Reis 2010".Expte. 2974/335.

8.- Revisión de prezos do contrato de servizo de limpeza de colexios e escolas públicas de Vigo. Expte. 18703/240.

9.- Revisión de prezos do contrato de recollida de residuos sólidos urbáns, limpeza viaria e limpeza de praias. Expte. 18724/240.

10.- Revisión de prezos do contrato da concesión administrativa do servizo de contenerización, recollida e transporte de recicladores autorizados dos sólidos urbanos reciclables. Outubro 2007-Agosto 2009. Expte. 18725/240.

11.- Revisión de prezos do contrato da concesión administrativa de contenerización, recollida e transporte de recicladores autorizados dos sólidos urbanos reciclables. Outubro 2006-Agosto 2009. Expte. 18726/240.

12.- Revisión da cantidade de equilibrio da concesión da Xestión do servizo público de Estacionamento Regulado mediante expendedores de tiques na vía pública (XER). EXPTE. 18781/240.


DEPORTES
13.- Proposta de autorización á Asociación Deportiva RPE para a organización da IV Subida ó Castro o día 12 de decembro. Expte. 8959/333.

14.- Proposta de autorización á Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo para organizar a "XLVIII Carrera Pedestre de Navidad" (Carreira do Pavo)" o 20 de decembro. Expte. 8927/333.

EMPREGO
15.- Concesión e denegación de axudas municipais á contratación do ano 2009 no Marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011. Expte. 6478/77.

EDUCACIÓN
16.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo-Escola municipal de música folk e tradicional (e-Trad) e a Fundación Sondeseu. Expte. 11002/332.

INTERVENCIÓN XERAL
17.- Xustificantes de libramentos.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
18.- Ampliación de crédito disponible para o servizo de Lanzadeiras á Cidade Universitaria. Expte. 75763/210.

19.- Indemnización substitutiva a favor de IMESAPI S.A. por gastos derivados das actuacións realizadas con motivo da sinalización horizontal. Expte. 77145/210.

20.- Devolución de fianza a "Escola de tempo libre Xaruma" constituída pola celebración dun magosto o 14 de novembro. Expte. 77146/210.

NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA
21.- Proxecto de convenio para a colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo para a dinamización Lingüística co Programa "Coñecéndonos, descubríndonos". Expte. 917/334.

PATRIMONIO HISTÓRICO
22.- Proxecto modificado das obras de revalorización e musealización dos restos arqueolóxidos do Castro. Expte. 4755/307.

RECURSOS HUMANOS
23.- Indemnización substitutiva a favor de FREMAP polos servizos de vixilancia da saúde 2009. Expte. 19404/220.

24.- Nomeamento interino de dúas auxiliares administrativas. Expte. 19459/220.

25.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondente aos meses de xuño e outubro 2009. Expte. 19431/220.

26.- Xornadas de reforzo da Policía Local correspondente ao mes de setembro de 2009. Expte. 34068/212.


SERVIZOS XERAIS
27.- Solicitude de subvención ao INEGA para "mellora das instalacións de iluminación interior dos edificios existentes no Parque Central de Servicios". Expte. 1464/448.

28.- Revisión de prezos do contrato de subministración de materiais de construción Expte. 50894/250.

29.- Revisión de prezos do contrato de subministración de formigóns. Expte. 50885/250.

30.- Revisión de prezos do contrato de subministración de mesturas bituminosas (aglomerados). Expte. 54047/250.

31.- Devolución de aval a favor de Oreco S.A. constituído polo paso de vehículos de gran tonelaxe á Rúa Santa Ana. Expte. 60182/250.

TESOURERÍA
32.- Prórroga do contrato dos servizos de asistencia técnica e colaboración nos procedementos de recadación na vía de constrinximento de ingresos municipais de dereito público e asistencia técnica e colaboración nos procedementos de xestión e recadación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de tráfico e seguridade vial. Expte. 7116/540.

URBANISMO
33.- Aprobación inicial do Proxecto de Estatutos e Bases de actuación da Xunta de Compensación "APR A-4-76 SEARA". EXPTE. 4934/401.

34.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 4 de decembro de 2009, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.


Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 2 de decembro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.