Presentación da fotobiografía sonora de Álvaro Cunqueiro
O Verbum acolle a presentación da fotobiografía sonora de Álvaro Cunqueiro nun acto que terá lugar o mércores, día 2 de decembro, ás 20:30 horas e no que participará o fillo do escritor mindoniense, César Cunqueiro, e os autores da fotobiografía, Rexina R. Vega e César Morán. A fotobiofrafía está estruturada arredor de oito etapas vitais. E son as palabras do propio Cunqueiro as que introducen e complementan as fotos familiares e os textos cos que Rexina R. Vega analiza cada unha desas etapas.
A Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro (libro + 2 CD's) presenta dunha forma novidosa a vida e a obra literaria do escritor a través de preto de 200 páxinas, máis de 100 fotografías do seu álbum persoal e dous CD’s que recollen a propia voz de Cunqueiro así como unha selección dos seus poemas musicados.
Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro
A editorial Ouvirmos dedica o cuarto exemplar (libro+2 CD's) da colección de Fotobiografías Sonoras ao escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha obra que presenta dunha forma novidosa a vida e a obra literaria do mindoniense a través de perto de 200 páxinas, máis de 100 fotografías do seu álbum persoal e dous CD's que recollen a propia voz de Cunqueiro así como unha selección dos seus poemas musicados.
O fillo do propio escritor, César Cunqueiro, é autor do texto de presentación que introduce a escolma de máis de cen fotografías comentadas por Rexina R. Vega. Acompañan ademais a obra dous CD's, un deles recolle a voz gravada de Cunqueiro en dous discursos e o outro presenta unha selección dos seus poemas musicados, comentados por César Morán, quen ademais asina un artigo sobre A música en Cunqueiro.
Máis de cen imaxes ilustran o universo persoal do escritor
A fotobiofrafía está estruturada arredor de oito etapas vitais. E son as palabras do propio Cunqueiro as que introducen e complementan as fotos familiares e os textos cos que Rexina R. Vega analiza cada unha desas etapas.
O Cunqueiro neno, a súa familia e os rostros e lugares das terras mindonienses acompañan o relato da infancia que Cunqueiro viviu en Mondoñedo, unha das etapas máis felices da súa vida.
Os seus primeiros paso fóra da súa Arcadia levarano a estudar primeiro a Lugo e despois a Santiago. Conectará co mundo intelectual e comezará a escribir os seus primeiros poemarios. Despois chegará a guerra civil e o medo levarao a decantarse polo bando dos nacionais. Exercerá de xornalista e colaborará nos medios máis prestixiosos da órbita falanxista. Despois de vivir en Madrid, xa casado e con dous fillos, regresa á súa cidade natal no ano 1947, onde se reencontrará co seu país e coa súa lingua.
A volta a Mondoñedo marca unha época da súa vida dominada pola illamento e a intensidade da súa lectura e a súa escritura. Publica en 1950 Dona do corpo delgado, Merlín e familia en 1955 e As crónicas do sochantre en 1956 -Premio Nacional da Crítica na súa versión en castelán-, Don Hamlet, príncipe de Dinamarca en 1958 e Las mocedades de Ulises en 1960. Predominan nesta etapa as fotografías de Cunqueiro en Mondoñedo, cos seus fillos, cos seus amigos e con Castroviejo con quen participou nunha serie de coloquios por toda a xeografía galega nesta década dos 50.
O capítulo "Viaxe por montes e chemineas" fálanos do Cunqueiro gastrónomo para quen a cociña é, ante todo, unha manifestación cultural que tende á felicidade. Dan conta disto as imaxes de vieiras, percebes, lampreas ou capóns, pertencentes ao álbum persoal de Cunqueiro e fonte de inspiración para o propio escritor á hora de recrear o seu particular universo literario.
No ano 1961, Cunqueiro ingresa na Real Academia Galega, trasládase a vivir a Vigo e alí entra a traballar no Faro de Vigo, diario do que chegará a ser director. Publica nesta etapa Si o vello Sinbad volvese ás illas e Un hombre que se parecía a Orestes.
As amizades catalanas tamén teñen un apartado especial dentro da fotobiografía. Cunqueiro mantivo unha estreita relación con Cataluña, onde contaba con moitas amizades. Desde mediados dos 50 viaxa con asiduidade a Barcelona, onde participa en charlas e conferencias. De alí chegoulle sempre recoñecemento e afecto, xunto ao Premio Nadal e ao Premio da Crítica Española. Un Cunqueiro co editor Vergés, con Nestor Luján, con Josep Plá ou paseando polas Ramblas son algunhas das imaxes que ilustran esta etapa.
En 1970, ansiando maior liberdade de movemento, deixa a dirección do Faro de Vigo. Continúa coa súa obra literaria, fai colaboracións, participa como conferenciante e dedícase a viaxar como mostran as imaxes de Cunqueiro nunha jaima saharaui, xunto á Torre Eiffel, nun barco cara a Inglaterra co seu amigo Fernández del Riego, nun plató de televisión en Bos Aires, etc.
Cunqueiro falece en 1981. Os seus últimos anos estarán marcados pola enfermidade e as homenaxes que se suceden para rendirlle tributo, entre elas, o investimento como Doutor Honoris Causa da Universidade de Santiago
Cunqueiro, palabra e música
César Morán escribe en A música en Cunqueiro sobre os universos musicais que habitan na prosa e no verso do escritor mindoniense. Morán recorre a obra literaria cunqueiriana sinalando a súa musicalidade, concretada no son da auga da fonte, no canto dos paxaros, nas referencias explícitas á música clásica ou ás cancións populares, así coma na presenza de pentagramas musicais inseridos nos seus textos, etc.
Ademais, César Morán guía o lector na escoita do CD Músicas que acompaña o libro e que inclúe unha selección de cancións sobre poemas de Cunqueiro, entre elas, "Quen poidera namorala" de Luis Emilio Batallán, "A dama que ía no branco cabalo / O cabaleiro da pruma na gorra" de Amancio Prada, "Polos teus ollos" de Sete Sais ou "Con auga de sede vella" de Jei Noguerol.
Doutra banda, Rexina R. Vega analiza en A espléndida monotononía de Álvaro Cunqueiro os dous documentos sonoros incluídos no CD A Palabra: un discurso na UNED en Madrid en 1976 -reflexión de carácter xeral sobre a obra e os resortes da poética que rexen os traballos do creador- e o seu discurso de investidura como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago, que forma parte xa da educación sentimental dos galegos. Advirte Rexina que "quen na soidade do seu cuarto decida resucitar a Cunqueiro facéndoo volver dicir coa súa voz –unha voz velada xa pola idade, rota por veces pola emoción, transida do escuro acento labrego que necesitaba para existir–, atopará a brillantez, a intelixencia e a bondade dun home sabio".