Os veciños do Areal valoran de forma "positiva" as melloras previstas polo Concello na zona
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Economía, Raquel Díaz, informaron este mércores aos responsables da Asociación de Veciños "Fonte do Galo" do Areal das melloras previstas na zona, como o novo aparcadoiro soterrado, a estación provisional de ferrocarrís de Guixar e a humanización de Areal e dos xardíns, actuacións que valoraron de forma "positiva e interesante". <br />
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, informaron este mércores aos veciños do Areal das actuacións municipais previstas para a zona, melloras que estes valoraron de forma "positiva".
Segundo indicou ao remate do encontro o Presidente da AVV "Fonte do Galo", Florencio Bermello, o Concello ten prevista a humanización da rúa Areal e dos xardíns, a construcción -xa iniciada- dun aparcadoiro soterrado e da futura estación provisional de ferrocarril en Guixar.
Bermello asegurou que os traballos apenas xerarán molestias aos veciños e no tráfico xa que levaranse a cabo en zonas pechadas (como é o caso de Guixar) ou con pouca densidade de poboación. Os responsables municipais entregáronlles os planos da humanización e das melloras dos xardíns, que a Asociación estudará.
Sobre a estación ferroviaria de Guixar, o alcalde transmitiulle que sobre a primavera de 2011 estará operativa e comezará o derrubo da actual, un ano despois do inicio da construcción da provisional, que tería lugar en marzo do próximo ano.
Descargar todas as imaxes