venres, 4 dec 2009
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, definiu este venres as liñas de traballo que vai desenvolver nos vindeiros meses co obxectivo de mellorar a posición do aeroporto de Peinador e incrementar o seu número de pasaxeiros. Aumentar as frecuencias con Barcelona e o sur peninsular, manter os vóos con Madrid, Bilbao e Valencia e potenciar as conexións coas illas son algunhas das medidas polas que apostará nas negociacións coas compañías aéreas respecto aos vóos nacionais, mentres que no tocante as coñexións internacionais destacou o reto de incrementar a frecuencia con París, manter a liña con Londres e implantar un novo vóo a Munich, ademáis do de Bruxelas.
venres, 4 dec 2009
O alcalde, Abel Caballero, e a delegada de Zona Franca, Teresa Pisano, acordaron este venres crear unha comisión bilateral entre as entidades para acelerar os trámites dos ámbitos da Cidade do Frío en Matamá e da ampliación do Parque Tecnolóxico de Beade-Valadares. O obxectivo pasa por dispor de solo industrial e terciario, no que están interesadas firmas internacionais.
venres, 4 dec 2009
O alcalde encabezou a delegación municipal que inaugurou este venres o primeiro tramo da rúa Simón Bolívar, entre Venezuela e Ecuador; unha humanización que supuxo un investimento próximo aos 500.000 euros e empregou a 13 persoas. Caballero subliñou as "características de calidade óptima" que presenta agora a rúa.
venres, 4 dec 2009
A Subida ao Castro disputarase o vindeiro día 12 ás 12.00 horas dende o Náutico e terá 357 chanzos como dificultade engadida. Hoxe foi presentada a cuarta edición por parte do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o organizador da mesma, Guillermo Janeiro (RP3), un dos patrocinadores, Fernando Pinto (xerente do Centro Comercial Gran Vía), e o responsable da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García.
Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 4 dec 2009
Co gallo das actividades de carácter festivo que se pretendan desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis, cómpre lembrar que:<br />
A Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, establece que todos os espectáculos e actividades recreativas quedarán suxeitos ás medidas de policía administrativa que dicte o Goberno en atención aos fins que recolle o seu artigo 8.1.<br />
Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 4 dec 2009
Ante a proximidade das festas de Nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos, bengalas, tracas, etc...), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.
Patrimonio Histórico
venres, 4 dec 2009
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, programa anualmente os seus obradoiros formativos que teñen como obxectivo a conservación e divulgación do patrimonio etnográfico galego.<br />
O programa do 1º semestre está orientado para todos os públicos, con cursos para diferentes niveis que permitirán ao alumnado achegarse ás variadas formas e técnicas da cestería -con especial atención á fabricada na comarca de Vigo- e do tecido tradicional galego.