O concelleiro de Deportes felicitou ao Tao polo seu título europeo de taekwondo
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe a taekwondistas do ximnasio Tao, compoñentes da selección galega de demostración, para felicitarlles pola súa vitoria no denominado Test europeo de demostración (Demo Team, o Europeo oficioso), en novembro pasado en Portimao (Portugal) durante o Campionato de Europa de pumses.
Ao acto acudiu a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos, o adestrador do equipo, Miguel Meilán, e os e as deportistas Noelia Irago, Samuel Meilán, David Meilán, Nicolás Domínguez, Alberto Neira, Ignacio González e Adrián Eiras. Non puideron estar por estudos Elena González e Nerea Alamancos. O concelleiro departiu cos membros do equipo, interesouse pola traxectoria de todos (son campións galegos e de España) e preguntou por diversos detalles do sistema de puntuación e as vindeiras competicións.
Un equipo do Tao participou a modo de exhibición nos Europeos sub 21 de taekwondo de combate nas Travesas en novembro con gran éxito. Alonso definiu as coreografías e movementos do Tao como "espectaculares" e felicitoulles por levar o nome de Vigo e de Galicia con tanto éxito a Francia (París e Marsella) e Italia (Mariña di Carrara), onde se disputan os Mundiais oficiosos que o Tao gañou en 2008. O Tao, como selección de Galicia, competirá o fin de semana do 12 e 13 nos Campionatos de España, en Cartaxena.
Alonso obsequiou aos campións cun magnífico libro sobre Vigo obra de Eduardo Rolland e Javier Tenente, e estes entregáronlle un dobok (o uniforme de competición) asinado por todos.
Descargar todas as imaxes