O alcalde asegura que en 15 meses estarán a disposición da Xunta os terreos para a Cidade da Xustiza<br /> <br />
Abel Caballero entrevistouse este xoves co novo Xuiz Decano, Germán Serrano, a quen transmitiulle que os trámites legais de ocupación dos terreos durarán 15 meses, tras o que a Xunta de Galicia poderá iniciar a construcción da Cidade da Xustiza. O alcalde avogou porque o goberno autonómico encargue canto antes o proxecto para gañar entre seis e oito meses de prazo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que en 15 meses o Concello rematará os trámites legais previos á ocupación dos terreos da futura Cidade da Xustiza, que será erixida pola Xunta de Galicia.
Nunha entrevista mantida co novo Xuiz Decano, Germán Serrano, Caballero informou que a expropiación afetará a unhas 25 ou 30 vivendas unifamiliares que serán realoxadas no caso de ser preciso.
De cara a axilizar o proceso de construcción da futura estrutura xudicial, o alcalde suxeríu ao Conselleiro de Presidencia que encargue o proxecto, o que permitiría aforrar entre seis e oito meses de trámites, segundo estimou Caballero.
O alcalde eloxiou a actitude de colaboración e cooperación mostrada por Germán Serrano, asegurou que foi unha reunión "cordial" e concluiu afirmando que "creo que imos cooperar de forma fructífera".
Dotacións xudiciais
O alcalde manifestou o seu acordo co Xuiz Decano na importancia que ten para Vigo a presenza en Vigo do Xulgado do Mercantil, que entrará en funcionamento o 1 de xaneiro de 2010, a falta únicamente de que a Xunta de Galicia defina a súa ubicación física.
Outra cuestión abordada na reunión foi a localización do Rexistro Civil. A este respecto, Abel Caballero indicou que "convén que estea no centro da cidade", polo que ofertou a cooperación para buscar un espazo axeitado.
O rexedor local abordou asemade con Serrano o Plan de Emerxencia de Atención aos Xulgados, elaborado polo Ministerio de Xustiza, que inclúe a Vigo. Caballero recordou que é a única cidade galega recollida no devandito plan.
Descargar todas as imaxes