Xabier Alonso di que a Subida ao Castro é "unha carreira diferente" con 357 chanzos e anima á participación
A Subida ao Castro disputarase o vindeiro día 12 ás 12.00 horas dende o Náutico e terá 357 chanzos como dificultade engadida. Hoxe foi presentada a cuarta edición por parte do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o organizador da mesma, Guillermo Janeiro (RP3), un dos patrocinadores, Fernando Pinto (xerente do Centro Comercial Gran Vía), e o responsable da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García.
O evento é "unha carreira diferente que persoalmente me gusta moito polas peculiaridades que ten de subir 357 chanzos", sostivo o concelleiro nacionalista. O percorrido desta cuarta edición (comezou en 2006) é o mesmo que o ano pasado, é dicir, saída dende o Náutico, paso por Cánovas del Castillo, Teófilo Llorente e primeira dificultade coas escaleiras da Pedra. Os atletas chegarán á Porta do Sol (será a primeira proba deportiva desde a inauguración da reforma) e as escaleiras da rúa Segunda República farán a segunda criba. Logo, ao castelo do Castro dende Praza do Rei. "Cando cres que se acaban as escaleiras aínda hai as últimas do castelo", recordou Alonso.
O prazo de inscrición está aberto e hai que dirixirse ao punto de información do centro comercial Gran Vía ata as 14.00 horas do venres 11. Despois, os participantes terán que incribirse media hora antes da subida no Náutico.
O concelleiro tamén destacou que a carreira discorrerá polo Casco Vello, cada ano máis transformado pola iniciativa do Concello. Xabier Alonso lembrou que esta é a penúltima proba do circuíto de carreiras populares cidade de Vigo e que hai moitos puntos en xogo que poden decidir categorías.
Guillermo Janeiro, dende a organización, explicou que os mellores atletas rematan o percorrido nuns sete minutos, e pediu que o tempo acompañe: o ano pasado choveu e iso restou participación.
Descargar todas as imaxes