Acordos da Xunta de Goberno Local

luns, 19 abr 2004

A Xunta de Goberno aprobou os proxectos técnicos de humanización das rúas Hernán Cortes, Luis Braille e Magallanes cun presuposto de case 900 mil euros. O obxecto dos proxectos son definir e valorar as obras necesarias para a humanización das mencionadas rúas e a reposición dos servicios que se atopan en estado deficiente.

Reunión da Xunta de Goberno Local

venres, 16 abr 2004

A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns día 19 a partir das oito e media da mañá e ,entre outros asuntos, tratará do proxecto de regulamento orgánico do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo e da proposta do proxecto de humanización das rúas Hernán Cortés , Luis Braille e Magallanes.

Reunión da Xunta de Goberno Local

mércores, 7 abr 2004

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 12 de abril de 2004, para resolver os asuntos da devandita relación.

Reunión da Xunta de Goberno Local

venres, 2 abr 2004

O luns, día 5 de abril, celebrara reunión ordinaria a Xunta de Goberno Local a partir das nove da mañá. Entre os asuntos que tratará figura o proxecto de convenio de colaboración con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para desenvolver proxectos de intervención co pobo xitano e cigano que reside na cidade.

Xunta de Goberno Local

venres, 26 mar 2004

A Xunta de Goberno Local reunese o martes, día 30, ó remate da sesión plenaria que se celebra tamén ese día. A orde do día da Xunta inclue 27 asuntos entre os que figura os proxectos de obras e servicios para presentar á convocatoria de programas de cooperación da Xunta de Galicia e o Proxecto de convenio de colaboración entre a Vocalía da Muller da Federación Veciñal Eduardo Chao e o Concello de Vigo para o mantemento do "Punto Informa".

Vigueses Distinguidos 2004

luns, 22 mar 2004

O Instituto de Estudios Vigueses, o Colexio San José de Cluny, María Eugenia Ayala González, Manuel Lago Martínez, Hortensia González Fernández,Juan González Pérez, Hipigal S.L. e Anxo González Ferreira son ás persoas e entidades que este ano recibirán o galardón de Vigueses Distinguidos e que aprobou a Xunta de Goberno Local durante a sesión ordinaria celebrada o luns.

Reunión da Xunta de Goberno Local

xoves, 18 mar 2004

A Xunta de Goberno reunese o luns, día 22, ás nove da mañá, en sesión ordinaria, e entre os asuntos que tratará ademais da proposta de Vigueses Distinguidos figura o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2004.

A Xunta de Goberno nomeará aos Vigueses Distinguidos de 2004

xoves, 18 mar 2004

A Xunta de Goberno Local proporá ,na sesión do luns, ás persoas e entidades que serán nomeadas no 2004 co galardón de Vigueses Distinguidos: Instituto de Estudios Vigueses, Colexio San José de Cluny, María Eugenia Ayala González, Manuel Lago Martínez, Hortensia González Fernández,Juan González Pérez, Hipigal S.L. e Anxo González Ferreira.