luns, 24 mai 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o padrón fiscal de recollida do lixo de vivendas que ascende a 121.03 inscricións por un importe de 7.733.412,30 euros, e o padrón fiscal de Exaccións Unificadas de Industriais ( taxa de lixo industrial e comercial e taxas por entradas de vehículos e reserva de aparcamento) por un importe total de 5.470.988,53 euros e 19.360 inscricións.<br />
venres, 21 mai 2004
A Xunta de Gobeno reunese o luns, día 24, unha vez remate o pleno previsto para ás nove da mañá. Na reunión do goberno trataranse , entre outros asuntos,os padróns fiscais de recollida do lixo de vivendas e de exacións unificadas industriais do ano 2004.
martes, 18 mai 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión de hoxe o proxecto do presuposto municipal para o ano 2004 que alcanza a cifra total de 178.209.428,49 euros.
venres, 14 mai 2004
A Xunta de Goberno Local celebra reunión o martes, día 18, ás 9 da mañá , e tratará entre outros asuntos do proxecto de convenio de cooperación entre o Concello de Vigo e a "Asociación Hoy por Mañana" para dispor de prazas de gardería especializada en menores discapacitados.
luns, 10 mai 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os proxectos de regulamento orgánico da comisión especial de suxerencias , reclamacións e do valedor do cidadán así como o do Consello Social da Cidade de Vigo, en cumprimento da lei de medidas para a Modernización do Goberno Local.Así o comunicaron hoxe os concelleiros Lucía Molares e José Manuel Figueroa.
venres, 7 mai 2004
O luns, día 10, a partir das nove da mañá celebra sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local e tratará, entre outros asuntos, do proxecto de regulamento orgánico da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións e do Valedor do Cidadán.
luns, 3 mai 2004
O Goberno local remitiu hoxe o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal á Consellería de Política Territorial. A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria quedou enterada da revisión do PXOM efectuada polo equipo redactor e da remisión do expediente completo do proxecto á Consellería de Política Territorial para que informe.
luns, 3 mai 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión celebrada hoxe, entre outros asuntos o desenvolvemento dun curso de caixeiros/as de gran superficie, a selección de persoas do proxecto de inserción laboral Alicerce, a sinatura de convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo e a renovación do céspede do Estadio Municipal de Balaídos.
venres, 30 abr 2004
O luns, día 3 de maio, reunese en sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local a partir das nove da mañá. Entre os asuntos que tratará figura o proxecto de convenio de colaboración entre a "Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo" e a Concellería da Muller para o apoio a dita asociación durante o ano 2004 no desenvolvemento das súas actividades.
venres, 23 abr 2004
A Xunta de Goberno Local reunese o luns, día 26, un cuarto de hora despois de rematar o pleno que se celebra o mesmo día. Entre os asuntos que tratará a Xunta de Goberno figura a autorización de gasto en cumprimento do "Convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Real Federación Galega de Atletismo para a reversión da cesión do dereito de superficie de uso das pistas de atletismo e instalacións anexas do polígono de Balaídos".