martes, 29 mar 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe martes a contratación, pola cantidade de 5.940 euros, das monitoras que impartirán os cursos do programa da Concellería da Muller "Eu tamén sei". Na mesma reunión da Xunta de Goberno tamén se adxudicaron os servizos de conservación e reposición de zonas verdes e de parques infantís.
luns, 21 mar 2005
José María Teijeiro Rois, Manuel Robles González, Club de los Leones de Vigo, Javier de la Gándara Alonso, Escola Municipal de Danza e Percusión, Eduardo Fernández Davila, Raimundo Sendino Ortega, Colegio Niño Jesús de Praga, Asociación Benéfica Damas da Concepción, Manuel Parcero Rodríguez e Bieto Ledo Cabido, son as persoas e colectivos que este ano recibirán o galardón de vigueses distinguidos, segundo acordo en sesión extraordinaria e urxente a Xunta de Goberno Local celebrada o 21 de marzo, ás 13 horas.
luns, 14 mar 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio polo que o Concello entregará máis de 139.000 euros á Federación Olívica de ANPAS de Vigo e Comarca, para que esta faga fronte á xestión dos comedores, actividades extraescolares, formación de ANPAS e aos gastos de xestión da propia Federación.
venres, 25 feb 2005
O luns, unha vez remate o pleno, reunese en sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local que ,entre outros asuntos, tratará da adhesión do Concello ao convenio de colaboración para promoción do transporte publico accesible.
luns, 21 feb 2005
A alcaldesa asinou o nomeamento da nova concelleira non electa que asumirá os departamentos de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social.
venres, 11 feb 2005
A Xunta de Goberno tratará na reunión do luns, día 14 do anteproxecto de construcción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos da Cidade de Vigo e proxecto de demolición de edificacións de "Casa Mar". A reunión será a partir das nove da mañá.
venres, 4 feb 2005
A Xunta de Goberno Local celebra sesión ordinaria o luns a partir das nove da mañá, cun orde do día de 26 asuntos dos que figura , entre outros, unha solicitide de subvención para o fomento e realización de actividades de voluntariado.