luns, 30 mai 2005
A Xunta de Goberno Local autorizou os gastos de 172.000 euros anuais para a prestación dos servizos de xestión da escola infantil municipal "Santa Cristina de Lavadores" e doutros 12.000 euros anuais para a adquisición de material non inventariable necesario para a posta en marcha desta escola de acordo coa proposta de xestión do licitador que resulte adxudicatario.
xoves, 26 mai 2005
A Xunta de Goberno Local reunese o venres, día 27, ás 14:30 horas en sesión extraordinaria para tratar dous asuntos relativos co auditorio pazo de Congresos da cidade.
luns, 23 mai 2005
O sorteo deparou que en Vigo se disputase o partido Ademar León- Portland San Antonio correspondente aos cuartos de final da Copa do Rei. A Xunta aprobou tamén varios convenios no ámbito de Benestar Social dirixidos ao menor.
luns, 16 mai 2005
A cidade verá incrementadas as súas prazas de aparcamento nunhas 3.000, das que o 20 por cen estarán reservadas aos residentes. A Xunta de Goberno aprobou tamén o convenio coa Agrupación de centros deportivos e culturais para a realización de dúas actividades.
luns, 9 mai 2005
A Xunta de Goberno aprobou os proxectos técnicos para a remodelación e mellora destas dúas rúas, así como a reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade.
luns, 9 mai 2005
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de convenio que suporá un investimento de 163.213 euros en dous anos. A Xunta aprobou tamén o inicio das actuacións do programa Bial previstas para o mes de maio.