O Concello subvencionará con 144.000 euros actividades sociocomunitarias e de participación cidadá
O Concello subvencionará con cerca de 144.000 euros o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario para o ano 2005. Ademais, hoxe luns a Xunta de Goberno Local acordou destinar 37.000 euros ao pagamento do programa "Deporte para persoas maiores".
Un total de 64 asociacións viguesas recibirán uns 144.000 euros en concepto de subvencións para o desenvolvemento de programas de participación cidadá e sociocomunitarios durante 2005. As entidades beneficiarias son de carácter veciñal, sociocultural, deportivo, xuvenil ou asistencial, entre outros.
Por outra parte, na súa reunión de hoxe luns a Xunta de Goberno Local tamén decidiu destinar 37.000 euros ao pagamento do programa "Deporte para persoas maiores", que inclúe as actividades de ximnasia de mantemento e piscina, ambas as dúas impartidas por monitores. O obxectivo deste programa é mellorar a calidade de vida dos anciáns.
Na área de Muller, foi aprobado o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para o apoio ao equipo de fútbol feminino "El Olivo-Faro de Vigo", cun importe de 6.000 euros.
Así mesmo, a Xunta de Goberno revisou o contrato do servizo de vixilancia do Museo Municipal "Quiñones de León", adxudicado á empresa Securitas. Deste xeito, para o periodo comprendido entre o 10 de outubro de 2003 e o 10 de outubro de 2004, o prezo establecido agora é de 211.460 euros, mentres que polo periodo que vai de outubro de 2004 a outubro de 2005 esta empresa recibirá 219.072 euros. Polo mesmo acordo, o Concello prorroga este contrato ata o 9 de outubro de 2006.
Por último, o servizo de mantemento e infraestructuras da rede trunking de comunicacións foi adxudicado á empresa Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, por 15.938 euros.
Descargar todas as imaxes