venres, 13 feb 2004
O luns, día 16, ó remate do pleno extraordinario, celebrarase a reunión da Xunta de Goberno Local. Na orde do día figuran 25 asuntos , entre outros, o proxecto de convenio coa AA.VV. Lavadores para o desenvolvemento de actividades de dinamización xuvenil durante o ano 2004.
luns, 9 feb 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou o calendario fiscal dos tributos de cobro periódico para 2004 e que ,segundo manifestou o voceiro da Xunta, José Manuel Figueroa, non sufre ningunha variación con respecto a outros anos.
venres, 6 feb 2004
O luns, día 9, a partir das nove horas reunese, en sesión ordinaria, a Xunta de Goberno Local. Na orde do día figuran 33 expedientes.
venres, 30 xan 2004
A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns, día 2 de febreiro, a partir das nove da mañá. Entre os asuntos que tratará figura o calendario fiscal para os tributos de cobro periódico e notificación colectiva do ano 2004 e a aprobación inicial do Plan especial de protección e reforma interior do Casco Vello de Vigo.
venres, 23 xan 2004
A Xunta de Goberno Local celebra reunión o luns, día 22, unha vez remate o pleno ordinario convocado para o mesmo día ás nove da mañá. A Xunta leva un total de 45 asuntos na orde do día.
venres, 16 xan 2004
A Xunta de Goberno Local reunese o luns día 19 unha vez remate o pleno extraordinario que se celebra tamén ese día. A Xunta tratará entre outros asuntos un estudio sobre o auditorio de Beiramar realizado pola entidade IDOM.
venres, 26 dec 2003
A Comisión de Goberno celebra reunión o luns, día 29, media horas despois de rematar o pleno. Entre os asuntos que inclue a orde do día figuran varios convenios de colaboración de Benestar Social para presentar servicios a colectivos con maior necesidade social.
venres, 19 dec 2003
A Comisión de Goberno reunese o luns, día 22, a partir das nove da mañá, con 24 asuntos na orde do día no que destaca proxecto de convenio de colaboración coa Cruz Vermella Española para o desenvolvemento de actividades coa Unidade de Drogodepencias CEDRO.
martes, 9 dec 2003
A Comisión de Goberno reunese o mércores , día 10, a partir das 10:30 horas con 25 asuntos na orde do día, entre os figura o proxecto arquitectónico de musealización da Villa Romana de Toralla.
luns, 17 nov 2003
A Comisión de Goberno aprobou o prego de condicións para a prestación de servicios na casa de acollida e piso titulado para mulleres maltratadas no Concello de Vigo por un total de 292.728 euros.