luns, 23 xuñ 2003
A Comisión de Goberno, por unanimidade de tódolos seus membros, acordou na xuntanza celebrada esta mañá, trasmitirlle á familia do concelleiro desta Corporación D. Agustín Arca Fernández, a súa máis sincera condolencia e pesar polo falecemento, recoñecendo a inestimable dedicación e traballo que durante a súa época con responsabilidades en funcións públicas municipais fixo a favor da cidade de Vigo.
venres, 20 xuñ 2003
O luns 23 de xuño, ás 9:00 horas, celébrase a primeira reunión da Comisión de Goberno do novo Goberno Municipal.
mércores, 18 xuñ 2003
O Goberno municipal celebrou unha reunión extraordinaria de coordinación na que se presentaron as medidas necesarias de cooperación entre Parques e Xardíns, Seguridade e Limpeza para a actuación que se vai desenvolver en Montero Ríos que pretende eliminar as consecuencias do denominado "botellón" e manter limpos os espacios públicos.
luns, 9 xuñ 2003
O Concello de Vigo asinará un convenio coa Cruz Vermella para que esta organización estableza postos de primeiros auxilios en seis praias do municipio. A Comisión de Goberno aprobou este convenio que suporá un desembolso económico para o Concello de 100.000 euros.
luns, 9 xuñ 2003
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de instalación dunha escaleira exterior de evacuación no edificio do Concello. A creación deste sistema de seguridade, que se sacará a concurso público, está presupostada en 119.999 euros.
venres, 6 xuñ 2003
A Comisión de Goberno reunirase o luns en sesión ordinaria a partir das nove da mañá, coa seguinte orde do día:
luns, 2 xuñ 2003
A Comisión de Goberno aprobou a concesión dunha axuda de 6.600 euros á Fundación Meniños para desenvolver o proxecto "Dereitos da infancia latinoamericana". O Concello de Vigo leva xa algúns anos colaborando con esta asociación que traballa para mellorar as condicións de vida dos menores nos países subdesenvolvidos de Sudamérica.
luns, 26 mai 2003
A Comisión de Goberno acordou contratar, polo procedemento de poxa, as obras de construcción dun paseo que enlace a praia do Vao coa da Fontaiña. O novo paseo será de lousas de granito na parte máis próxima ás edificacións e de madeira no resto.
venres, 16 mai 2003
O luns celebrarse Comisión de Goberno a partir das nove da mañá na sala de Comisión, co seguinte orde do día:
luns, 12 mai 2003
O Barrio Histórico de Bouzas xa é Área de Rehabilitación, polo que pode beneficiarse das axudas previstas polas distintas administracións para a rehabilitación de vivendas, fachadas ou reconstrucción de edificios. A Xunta de Galicia aceptou a solicitude feita polo Concello de Vigo e incluiu Bouzas dentro das actuacións recollidas no convenio suscrito dentre a Comunidade autónoma de Galicia e o Ministerio de Fomento o pasado ano.