Xunta de Goberno Local
O Concello aproba as bases da oferta de emprego público
luns, 27 mar 2006A Xunta de Goberno Local aprobou as bases xerais e específicas da Oferta de Emprego Público do Concello de Vigo para o ano 2005 e dos procesos selectivos coa finalidade de proceder á cobertura das prazas vacantes na actual Relación de Postos de Traballo. En total sae a oferta pública 170 prazas .
Xunta de Goberno Local
venres, 24 mar 2006Asuntos para tratará a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 27 de marzo ás 09:00 horas.
Vigueses Distinguidos 2006
luns, 20 mar 2006A Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Rosa dos Ventos, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, Instituto de Investigacións Mariñas, talleres de Xoieiros e Esmaltistas Irmáns Hernández, Segundo Troncoso, Antón Pulido,Juan Manuel González Alonso e Macamen Blanco Gracia son ás persoas e entidades que este ano recibirán o galardón de Vigueses Distinguidos e que aprobou a Xunta de Goberno Local durante a sesión ordinaria celebrada o luns.
Abastecer de auga as rúas San Paio de Navia e Fontáns custará un máximo de 312.000 euros
luns, 20 mar 2006A Xunta de Goberno Local autorizou hoxe luns o gasto dun máximo de 312.000 euros para contratar as obras da nova rede de abastecemento de auga das rúas San Paio de Navia e Fontáns. O prazo máximo de execución destes traballos será de dous meses.
Xunta de Goberno Local
venres, 17 mar 2006Asuntos que tratará a Xunta de Gobierno Local na sesión ordinaria do luns 20 de marzo, ás 9.00 horas.
O Concello asume temporalmente a xestión do Mercado do Progreso
venres, 10 mar 2006O Goberno local decidiu hoxe venres nunha xunta extraordinaria asumir a xestión directa do Mercado Municipal do Progreso. Onte á tarde Unión Fenosa cortou o subministro eléctrico ao mercado e hoxe venres Aqualia ordenou o corte do de auga, por falta de pagamento.
O Goberno municipal adxudica a Caixanova a construción e explotación do Auditorio
luns, 6 mar 2006A Xunta de Goberno Local confirmou hoxe luns a decisión adoptada pola Mesa de Contratación e adxudicou o contrato para a construción e explotación do Auditorio-Pazo de Congresos ao grupo de empresas liderado por Caixanova.
As bibliotecas de proximidade son cousa de Eulen
luns, 6 mar 2006Na súa reunión de hoxe luns, a Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Eulen o concurso para a prestación de servizos nas chamadas bibliotecas públicas de proximidade, por 96.400 euros. Este contrato finalizará o 31 de agosto de 2007.