venres, 11 nov 2005
A Xunta de Goberno Local reunese o luns, en sesión ordinaria, á partir das 8.30 horas, e entre outros asuntos incluese un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a A.V.C.D. Monte da Mina de Castrelos para a creación de Viveiro de Asociacións , asi como a adxudicación das obras de reparación e impermeabilización da Praza pública "Alba Plena" en Avda. das Camelias.
luns, 7 nov 2005
O concelleiro-delegado da Área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, anunciou hoxe luns a aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, do expediente de contratación dos servizos de bibliotecas públicas de proximidade do Concello de Vigo.
venres, 4 nov 2005
Asuntos para incluir na sesión ordinaria de Xunta de Goberno Local do 7 de novembro.
luns, 31 out 2005
36 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da cidade recibirán un total de 75.000 euros de subvención para o desenvolvemento e mantemento de programas de servizos socias, segundo acordo a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada o luns.
venres, 28 out 2005
Asuntos para incluir na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 31 de outubro de 2005.
luns, 24 out 2005
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe luns, decidiu adxudicar, por uns 86.000 euros, as obras de humanización da rúa Alfonso X El Sabio, así como a subministración de dous dumpers para o parque móbil municipal, por uns 48.000 euros.
luns, 17 out 2005
O Concello subvencionará con cerca de 144.000 euros o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario para o ano 2005. Ademais, hoxe luns a Xunta de Goberno Local acordou destinar 37.000 euros ao pagamento do programa "Deporte para persoas maiores".
venres, 14 out 2005
A Xunta de Goberno Local estudiará na reunión do luns, día 17, entre outros asuntos o proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería da Muller e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para apoio ó equipo de fútbol feminino "El Olivo-Faro de Vigo".
luns, 10 out 2005
O Concello subvencionará con cerca de 680.000 euros as actividades de cento corenta e unha entidades deportivas viguesas durante a temporada 2004-2005, segundo acordou a Xunta de Goberno Local na súa reunión de hoxe luns. Outra das súas decisións foi a de anular as axudas municipais para libros en 1º, 2º e 5º de primaria, debido ao programa de gratuidade da Consellería de Educación.