luns, 23 xan 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns unha prórroga de un ano para o contrato de servizo de atención a mulleres maltratadas na Casa de Acollida, do cal é adxudicataria a empresa Grupo de Estudios sobre a condición da Muller - Alecrín.
venres, 20 xan 2006
Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 23 de xaneiro de 2006, ás 8:00 en primeira convocatoria e ás 8:30 en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.
luns, 16 xan 2006
A Xunta de Goberno Local, na súa reunión de hoxe luns, decidiu autorizar a Concellaría de Turismo para asistir ás seguintes feiras: BOOT de Düsseldorf, BTL de Lisboa, FITUR, BIT de Milán, ITB de Berlín, o Salón do Emprendedor do Atlántico, o Campionato do Mundo de Saltos e Vigo Náutica Internacional.
venres, 13 xan 2006
Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 16 de xaneiro de 2005, ás 8:00 en 1ª convocatoria e ás 8:30 en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación
luns, 9 xan 2006
O concelleiro José Manuel Figueroa deu conta hoxe luns das adxudicacións realizadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do pasado 30 de decembro, entre as cales sobresaen as das obras de mellora da terraza do Polideportivo do Berbés, a reparación do buque Bernardo Alfageme e o reforzo do muro do Parque de Castrelos.
xoves, 5 xan 2006
Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 9 de xaneiro de 2006, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 8,30 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.
venres, 30 dec 2005
A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe venres á revisión dos prezos dos bono-buses do transporte urbano de viaxeiros para 2006. A tarifa do bono-bus normal será de 70 céntimos, a do bono-bus de estudante, de 67 céntimos, e o universitario situarase en 48 céntimos. Os pensionistas dos grupos I e II terán bono-bus gratuíto.
luns, 26 dec 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente varios proxectos urbanísticos: os de equidistribución e cambio de sistema das Unidades de Actuación "Pobo Galego" e Aragón-Travesía de Vigo, o de compensación de San Andrés de Comesaña e o do equidistribución do polígono 4 do PERI San Roque-A.