Vigueses Distinguidos 2006

luns, 20 mar 2006

A Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Rosa dos Ventos, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, Instituto de Investigacións Mariñas, talleres de Xoieiros e Esmaltistas Irmáns Hernández, Segundo Troncoso, Antón Pulido,Juan Manuel González Alonso e Macamen Blanco Gracia son ás persoas e entidades que este ano recibirán o galardón de Vigueses Distinguidos e que aprobou a Xunta de Goberno Local durante a sesión ordinaria celebrada o luns.

Acordos da Xunta de Goberno Local

luns, 27 feb 2006

O comedor da Esperanza, da Fundación Casa de Caridade de Vigo, recibirá unha subvención do Concello de 6.000 euros en concepto de axuda para a contratación de persoal para o comedor. O concepto desta subvención ,por razóns humanitarias e sociais, ben motivado a que a Fundación ven desenvolvendo as súas actividades na nosa cidade na cobertura das primeiras necesidades de carácter social.