luns, 31 out 2005
36 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da cidade recibirán un total de 75.000 euros de subvención para o desenvolvemento e mantemento de programas de servizos socias, segundo acordo a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada o luns.
venres, 28 out 2005
Asuntos para incluir na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 31 de outubro de 2005.
luns, 24 out 2005
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe luns, decidiu adxudicar, por uns 86.000 euros, as obras de humanización da rúa Alfonso X El Sabio, así como a subministración de dous dumpers para o parque móbil municipal, por uns 48.000 euros.
luns, 17 out 2005
O Concello subvencionará con cerca de 144.000 euros o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario para o ano 2005. Ademais, hoxe luns a Xunta de Goberno Local acordou destinar 37.000 euros ao pagamento do programa "Deporte para persoas maiores".
venres, 14 out 2005
A Xunta de Goberno Local estudiará na reunión do luns, día 17, entre outros asuntos o proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería da Muller e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para apoio ó equipo de fútbol feminino "El Olivo-Faro de Vigo".
luns, 10 out 2005
O Concello subvencionará con cerca de 680.000 euros as actividades de cento corenta e unha entidades deportivas viguesas durante a temporada 2004-2005, segundo acordou a Xunta de Goberno Local na súa reunión de hoxe luns. Outra das súas decisións foi a de anular as axudas municipais para libros en 1º, 2º e 5º de primaria, debido ao programa de gratuidade da Consellería de Educación.
venres, 7 out 2005
O III Plan Municipal de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes será un dos asuntos que tratará a Xunta de Goberno Local na reunión que manterá o luns , día 10, a partir das 8:30 horas.
luns, 3 out 2005
A Xunta de Goberno Local autorizou hoxe luns un gasto de 659.831 euros para a construcción dunha escola infantil na rúa Palencia, destinada a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
venres, 30 set 2005
A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns, día 3, ás 9 horas , para tratar os seguintes asuntos