Escoitar

Figueroa afirma que o Goberno local ten "vía libre" para contratar o Auditorio

José Manuel Figueroa asegurou hoxe luns que o Goberno municipal, do que é portavoz, ten "vía libre para facer a contratación do Pazo de Congresos". Segundo Figueroa, o próximo luns como moi tarde convocarase a Mesa de Contratación que deberá tomar unha decisión para que a Xunta de Goberno resolva posteriormente.

luns, 20 feb 2006
1140444416xunta200206.jpg
O portavoz do Goberno local explicou que a Comisión Paritaria, formada por representantes da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo, "di que a Mesa de Contratación ten informes suficientes para tomar a decisión". Agora só falta convocar a Mesa, "como moi tarde o luns", para que tome un acordo que deberá ser remitido á Xunta de Goberno Local, que será a que finalmente decida.

Para Figueroa "o fundamental é que poidamos comezar coas obras dunha infraestrutura que a cidade vén demandando desde hai anos". Tres empresas aspiran á adxudicación destas obras: Dragados, Necso e Sacyr-Vallehermoso.

Xunta de Goberno Local

Por outra parte, a Xunta de Goberno Local, na súa reunión de hoxe luns, aprobou os pregos de prescripcións técnicas e condicións administrativas para a contratación do subministro de aluguer de maquinaria para o Servizo de Vías e Obras, autorizando, con este obxecto, un gasto de 210.000 euros. Este gasto efectuarase con cargo ao orzamento municipal de 2006.

Ademais, a Xunta de Goberno Local adxudicou ás entidades Caixanova, Caixa Galicia, La Caixa e BBVA a prestación dos servizos de natureza financeira e recadadora do Concello.
Descargar todas as imaxes