O Casco Vello de Vigo declarado conxunto histórico artístico
A Consellería de Cultura e Deporte, a través da súa Dirección Xeral de Patrimonio, vén de declarar o casco vello de Vigo como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de conxunto histórico-artístico.
A cidade olívica acada así o máximo nivel de protección dun ben patrimonial, sendo como era a única urbe galega que non contaba con ela. A Xunta recoñece así o valor dun conxunto de elementos singulares, tanto arquitectónicos como ambientais e de ordenación territorial.
Esta declaración implica tanto ás administracións responsables como aos particulares á hora de conservalo e potencialo, xa que supón a protección da zona histórico-artística, que inclúe a chamada zona BIC que comprende os monumentos declarados, estendéndose a outras zonas que polas súas características merecen o máximo recoñecemento, como é o caso do entorno da Colexiata, o barrio do Berbés e San Francisco, o barrio do Castelo, a Ferrería e a rúa de Santiago. Tamén se recoñece unha área de transición, tamén chamada "zona de respecto", que abranguería o resto do ámbito do PEPRI, incluíndo o borde marítimo, o barrio do Cura, a Panificadora, a praza do Rei e a Casa do Concello.
A aplicación inmediata da protección que isto supón a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas. Polo tanto, as obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberan realizarse con carácter inaprazable precisarán de autorización dos órganos competentes da consellería de Cultura.
Logo desta decisión, que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia esta semana, haberá un período de información pública por un prazo dun mes para que os que teñan interese poidan examinar o expediente e alegar o que estimen convinte na Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural desta Consellería.
Descargar todas as imaxes