luns, 20 febreiro 2006

Cursos de formación en prevención de drogodependencias para as ANPAs e orientadores de centros de ensino

luns, 20 feb 2006

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou os talleres de formación en prevención de drogodependencias para pais e nais de xuntas directivas das ANPAs e para orientadores de centros de ensino. Estas accións formativas intégranse dentro do convenio para o desenvolvemento de programas de prevención, que o Concello ten asinado para o curso 2005-2006 coa consellería de Sanidade da Xunta- Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas.

Concello e Xunta colaborarán nun programa para a inserción socio-laboral de inmigrantes

luns, 20 feb 2006

O Concello e a Xunta colaborarán para o desenvolvemento dun programa integral de atención, orientación e asesoramento a inmigrantes e emigrantes retornados a Vigo, que ten coma finalidade facilitar a integración social deste colectivo. A alcaldesa, Corina Porro e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, asinaron o sábado pasado un convenio con este obxectivo.

O Eixo Atlántico convoca a VII Bienal de Pintura

luns, 20 feb 2006

A VII Bienal de Pintura Eixo Atlántico inicia a súa andadura co lanzamento da convocatoria dos premios Eixo Atlántico e o premio Xoves Talentos Luso Galaicos. O certame artístico, con seis edicións celebradas, converteuse no segundo en importancia de toda a península ibérica polo número de participantes.