mércores, 22 febreiro 2006

Concurso de coplas do Entroido

mércores, 22 feb 2006

Como actividade previa ao Entroido, o xoves 23 na praza da Constitución , a partir das 19 horas terá lugar as actuacións dos grupos que participan no concurso de coplas, evento que se recuperou no 2005 despois de máis de vinte anos de ausencia.

Presentación do libro "Polos mares de Galicia-Ámbitos de Galicia 2005"

mércores, 22 feb 2006

O xoves 23 , as 20,00 h. no salón de actos da Casa Galega da Cultura terá lugar a presentación do libro "Polos mares de Galicia – Ámbitos de Galicia 2005", no que se recollen os relatorios e intervencións do ciclo de conferencias que, baixo o mesmo título, se desenvolveu entre o 19 de maio e o 2 de xuño do 2005.