A alcaldesa e o embaixador de Portugal tratan do futuro do AVE Vigo-O Porto
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe martes no Concello unha reunión co embaixador de Portugal en España, José Filipe Mendes, na que trataron, entre outros temas, da conexión ferroviaria de alta velocidade entre Vigo e O Porto.
Á saída do encontro, José Filipe Mendes cualificou esta infraestrutura de "moi importante" para Galicia e o Norte de Portugal, "como a conexión entre Lisboa e O Porto". O embaixador luso sinalou que o goberno do seu país tomará unha decisión sobre o AVE transfronteirizo "no momento oportuno" e pediulle á alcaldesa que "comprenda os nosos problemas". José Filipe Mendes engadiu que o proxecto do tren de alta velocidade ten que basearse en "estudos serios" para contar con "alicerces sólidos".
Ademais, durante o encontro, Corina Porro e José Filipe Mendes abordaron o desenvolvemento de Vigo, avogando por unha humanización de espazos urbanos que manteña as actividades económicas da cidade e permita a súa diversificación.
José Filipe Mendes Moraes Cabral, nado en Lisboa en 1950, presentou credenciais como embaixador de Portugal en España o 10 de xaneiro de 2005.
Descargar todas as imaxes