Escoitar

www.aqualia.es/vigo, a nova web do servizo municipal de augas

O concelleiro de Servizos Xerais, José Manuel Iglesias e o delegado de aqualia en Galicia, José Luis García Ibáñez, presentaron a nova páxina web do servizo na cidade. Tratase dunha ferramenta de acercamento aos cidadáns, que atoparán na web información útil sobre a prestación do servizo .

martes, 21 feb 2006
1140528924webaqualia.jpeg
Unha novidade desta web é a posibilidade de realizar xestións on-line, como calcular o prezo por auga consumida, expresada en m3 , axilizar trámites de alta ó subministro ou cambiar a titularidade.

www.aqualia.es/vigo é unha web de fácil emprego e unha vía para obter información útil sobre o servizo e os aspectos relacionados coa xestión: requisitos para realizar o contrato de alta de abastecemento, posibilidade de solicitar cita previa e autolectura de contadores, información sobre a calidade da auga , entre outras cuestións. Tamén pódese consultar información sobre o servizo e o Regulamento de Abastecemento de Auga Potable .

Co lanzamento deste novo servizo, O Concello en colaboración con aqualia, pon de manifesto que continúa traballando para satisfacer as demandas dos cidadáns de Vigo, adaptando o servizo ás posibilidades das novas tecnoloxías.
Descargar todas as imaxes