Escoitar

Axuda de 88.000 euros para as actividades de participación cidadá de "Eduardo Chao"

A Xunta de Goberno aprobou hoxe luns un proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de Asociación de Veciños "Eduardo Chao" para o fomento das actividades de fomento e participación cidadá, ocio e información á muller, por valor duns 88.000 euros.

luns, 12 xuñ 2006
1150118731xunta120606.jpg
Desta cantidade, 54.000 euros serán con cargo ao apartado orzamentario de Relacións Cidadás, mentres que 24.000 corresponderán a Festas e Animación Sociocultural e 9.600 a Muller.

Na área de Cultura a Xunta de Goberno outorgoulle á Fundación Provigo unha subvención de 36.000 euros para o financiamento da actividade do Instituto de Estudios Vigueses correspondente a 2006.

Ademais, foron aprobados convenios coa Fundación Vigo Deporte, por valor de 24.000 euros, para a realización de programas de deporte local, e coa Asociación Deportiva RP3 para reagular a colaboración do Concello na Copa do Mundo de Mountain Bike 2006, cun outra partida de 24.000 euros.

No que respecta á área de Muller, o Goberno local aprobou unha prórroga de un ano do contrato do Servizo municipal de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI). Os 120.000 euros destinados a esta prórroga desglósanse do seguinte xeito: 60.000 euros con cargo ao orzamento vixente e os outros 60.000 con cargo ao de 2007.

Por último, na área de Benestar Social aprobouse o II Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións (PLDA).
Descargar todas as imaxes