Obradoiro sobre 'A violencia contra as mulleres nos medios' en Vigo
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Grupo de Investigación Cidacom da USC organizan, coa colaboración do Concello de Vigo, un obradoiro baixo o título 'A violencia contra as mulleres nos medios: Comunicar máis aló do suceso'. A xornada vaise celebrar o sábado, 17 de xuño, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo (Praza da Princesa, 2), de 9.00 a 14.30 horas.
A inscrición é de balde, e cómpre confirmar a asistencia no Colexio de Xornalistas, chamando ao 981 935 670 ou enviando un correo electrónico a xornalistas@xornalistas.com. É preciso deixar o nome e apelidos, un teléfono ou e-mail de contacto, e avisar no caso de pertencer a un medio de comunicación ou a unha asociación ou colectivo.