Tres radares de control de velocidade serán instalados no corredor litoral
Segundo manifestou o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, o Concello espera que a finais de ano estean en funcionamento tres radares fixos de control de velocidade nas avenidas de Samil e de Europa e nos túneles de Beiramar e da AP-9, na súa saída cara ao Porto.
Os tres radares, que serán instalados en nove cabinas, seranlle entregados ao Concello pola Xefatura Central de Tráfico, que achegará 385.000 euros dos seus orzamentos para a súa execución.
O Concello, segundo o convenio asinado o pasado 6 de abril coa Xefatura Central de Tráfico, realizará os investimentos necesarios para a execución de toda a obra civil (canalizacións, arquetas, illas, etc.), así como as acometidas eléctricas necesarias para alimentar os cinemómetros. Ademais, o Concello efectuará o abono dos consumos de enerxía á empresa subministradora, contratará o mantemento e conservación das instalacións e levará a cabo as revisións periódicas dos elementos que se deterioren polo uso continuo ou como consecuencia de accidentes.
Para realizar o seguimento das obras ou resolver calquera problema de interpretación deste convenio crearase unha comisión de seguimento e control integrada por dous representantes da Xefatura Central de Tráfico e outros dous do Concello.