Escoitar

O Goberno municipal aproba axudas para arranxo de vivendas

A Xunta de Goberno aprobou un importe de mais de 14.000 euros para axudas de arranxo de vivendas con destino a familias con problemática socioeconómica e que presentou o servizo de Benestar Social.

luns, 5 xuñ 2006
1149506287figueroa.jpg
José Manuel Figueroa
As familias solicitantes teñen expediente aberto no devandito departamento municipal, estáselles apoiando con diversos proxectos coa finalidade de acadar unha mellor calidade de vida, o que non é posible se carecen de auga, luz, tellado, etc. O acondicionar estas vivendas é unha axuda de emerxencia social que se realiza mediante a colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial.

O goberno municipal aprobou tamén a realización de obras de construcción e mellora en instalacións deportivas da cidade. Realizaranse obras de reparación na pista polideportiva exterior da rúa A Garda e Tomiño por un importe de 29.999,95 euros; adquisición de claraboias para mantemento do teito no pavillón de Lavadores, por un importe de 11.805,83 €; realización de reparacións no pavillón de Coia, por un importe de 22.811,40 euros, e iluminación do campo de fútbol B Candeán, por importe de 14.052,82 euros.
Descargar todas as imaxes