O Concello e o Celta colaborarán no apoio ao deporte base vigués
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe luns no Concello a súa primeira entrevista co novo presidente do Celta, Carlos Mouriño. Porro e Mouriño acordaron o desenvolvemento dun proxecto conxunto de apoio ao deporte base vigués, que en principio será presentado en setembro.
A alcaldesa, que cualificou a reunión de "moi grata", afirmou que "todo o deporte debe estar ligado". Para conseguilo, o Concello colaborará co Celta, ao que definiu como "o grande embaixador da cidade". O obxectivo é elaborar un proxecto de apoio ao deporte base de Vigo, que, segundo Corina Porro, resultará mutuamente beneficioso porque "o que é bo para o Celta é bo para a cidade".
Pola súa parte, Carlos Mouriño mostrouse disposto a concretar o proxecto "o antes posible", co fin de lograr a "implicación da cidade co Celta".
Descargar todas as imaxes
Pola súa parte, Carlos Mouriño mostrouse disposto a concretar o proxecto "o antes posible", co fin de lograr a "implicación da cidade co Celta".