A recuperada praia do Vao centra os actos do Día Mundial do Medio Ambiente
"Estamos diante dunha das accións máis importantes de recuperación dos areais". Así definiu a alcaldesa, Corina Porro, as obras de recuperación iniciadas na praia do Vao hai tres meses e que están "a piques" de terminar. Os traballos concretáronse hoxe luns, Día Mundial do Medio Ambiente, coa plantación de 30 piñeiros.

Dentro dos labores de recuperación da praia téñense realizado traballos de retirada de terra, a derruba do placo, a supresión das pinstas deportivas e a recuperación de 8.000 m2 de dunas. Nestas tarefas están a ser empregados polo Concello 36 persoas discapacitadas seleccionadas por Aspanaex., que traballan en quendas de 12.
Convenio con Aspanaex
Durante a visita que realizou hoxe luns á praia do Vao, Corina Porro asinou un convenio de colaboración por valor de 2.000 euros coa asociación Aspanaex, para o desenvolvemento dun proxecto grazas ao cal 12 persoas con discapacidade intelectual seleccionadas por esta entidade realizarán traballos auxiliares de colaboración na limpeza das praias de Vigo.
Corina Porro salientou a importancia da colaboración entre o Concello e Aspanaex para a realización de traballos por parte de persoas con discapacidade intelectual, xa que "a autonomía sempre vai vir da man dun posto de traballo". Por esta razón, a alcaldesa fixo un chamamento "aos empresarios e á sociedade en xeral" para que, dándolle máis oportunidades a estas persoas, a sociedade sexa máis igualitaria.
O presidente de Aspanaex, Cándido Darriba, resaltou o papel fundamental que para o desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual ten a formación a través de traballos como os realizados na praia do Vao, xa que favorecen a súa inclusión laboral e social e fomentan o seu respecto polo medio ambiente.
Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra hoxe luns, conmemorouse na praia do Vao coa plantación de 30 piñeiros, labor no que participaron a propia alcaldesa e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, xunto cos operarios seleccionados por Aspanaex para a recuperación da praia e alumnos dos colexios "Ría de Vigo" e "Chans".
O Día Mundial do Medio Ambiente é o vehículo a través do cal a ONU estimula a concienciación sobre o medio ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. O tema elixido para este ano son os desertos e a desertificación, e o lema, "Non abandones os desertos!".