Escoitar

Xuño creativo no Súbete ó Castro

O programa "Súbete ó Castro" da Concellería da Xuventude oferta unha nova programación para o mes de xuño cunha aposta pola enerxía creativa da xente moza. Tódalas actividades son gratuítas.

luns, 5 xuñ 2006
1149502074mocidade.jpg
O Espazo Xove do Castro estrea para este mes de xuño un novo bloque de actividades que baixo a denominación de Castrocreativo inclúe unha ampla e innovadora oferta cun curso de Art Rage-Debuxa co teu PC (venres de 18 a 19h), o obradoiro Fai o teu blog (sábado de 17 a 18h) e o Espazo Artístico Libre con materiais e ferramentas para que a xente moza debuxe, decore, cree todo o que imaxine (de luns a xoves de 18 a 21h).

Arranca tamén este mes un Curso de Iniciación á Fotografía Dixital (martes e mércores de 17 a 18h.) e preséntase unha nova edición do Campionato de Xogos na Rede (sábados de 18 a 20h).

As/os usuarias/os poderán demostrar as súas dotes no Karaoke os venres de 21 a 23h. Haberá ademáis Tenis de Mesa todos os sábados de 17 a 21h.

Principia tamén o Castrofanzine, que pretende ser un medio para a expresión de toda a mocidade que teña algo que dicir a través da banda deseñada, a fotografía, o debuxo...

Continúan, así mesmo, os Castroconcertos coas actuacións de Katana Chaos e As Flames Die Out (sábado 10, rock pop), The Travelers (sábado 17, folk rock), Dorian Gray e Pacífico (sábado 24, fussion rock jazz e pop rock); a partires das 23h na explanada anexa ao espazo xove.

Para máis información: www.xuventudevigo.org cibercastro@xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes