mércores, 7 dec 2022
A Xunta de Goberno Local aprobará o vindeiro venres a licitación para a implantación do mecanismo que conectará a rúa Ramón Nieto coa contorna do centro de saúde de Lavadores e o colexio Fonte Escura e que inclúe a humanización de toda a contorna.
xoves, 1 dec 2022
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto para a humanización dunha vintena de rúas nas parroquias de Vigo cun importe de 1.284.632 euros. Tamén o goberno local asfaltará e mellorará a rúa Torrecedeira.
mércores, 30 nov 2022
O alcalde participou este mércores na inauguración do reformado torreiro das festas de Valladares na que se investiron 250.000 euros.
mércores, 23 nov 2022
A Xunta de Goberno aprobará este xoves unha inversión de 2.679.000 euros para a humanización da rúa Teixugueiras entre a rúa Lamelas e o acceso peonil a Navia desde a VG-20. Tamén aprobou a adxudicación das obras para a musealización das galerías de O Castro.
martes, 22 nov 2022
O acceso á AP9 a través do túnel de Lepanto estará previsiblemente operativa a partir do 12 de decembro. Esta infraestrutura pechará de novo durante un mes polas obras do HALO a mediados de febreiro e abrirá definitivamente a mediados de marzo.
luns, 21 nov 2022
O alcalde deu conta en rolda de prensa do avance das obras no Estadio Municipal de Balaídos, que rematará a obra da grada de Marcador no mes de marzo.
venres, 18 nov 2022
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto do novo gran parque de Navia que terá 90.000 m2. Esta iniciativa, ademais de permitir remodelar esta área de ocio, facilitará a reforestación desta zona da cidade, coa plantación de case 200 árbores.
xoves, 17 nov 2022
O alcalde anunciou que co avance das obras da instalación das ramplas e a humanización da Gran Vía habilitaranse dous carrís en sentido ascendente e dous descendentes para os vehículos. Abel Caballero apuntou que a terceira vía seguirá ocupado a efectos de rematar a obra e augurou “gran flexibilidade” coa apertura destes carrís.
mércores, 16 nov 2022
O goberno local está xa a realizar os traballos de consolidación do talude de San Roque para dotar de seguridade este espazo. O Concello executa unhas obras que durarán dous meses e teñen un orzamento de 109.000 euros que financia Abanca.
luns, 14 nov 2022
O alcalde advertiu hoxe de novo da necesidade de reparar o muro de peche do CEIP Igrexa Valladares, cuestión da que xa foi informada a Xunta en dúas ocasións. En todo caso e para evitar que esta situación se prolongue, Caballero anunciou que será o Concello o que asuma esta reforma de xeito subsidiario para evitar un “eventual problema”.