mércores, 9 nov 2022
O alcalde valora a modificación orzamentaria como “unha das grandes accións inversoras na historia da cidade. A Corporación municipal deu luz verde ao trámite na sesión extraordinaria celebrada este mércores cos votos en contra do grupo mixto e do concelleiro non adscrito e coa abstención do PP.
xoves, 3 nov 2022
Esta nova acción permitirá a conexión peonil entre ambos marxes da autoestrada AP-9, substituíndo a existente e mellorando as súas prestacións en materia de seguridade e accesibilidade.
xoves, 3 nov 2022
O alcalde informou este xoves das actuacións que proxecta o goberno municipal para o vindeiro exercicio poñendo en valor a “estabilidade e seguridade política” do seu goberno, que aprobou tódolos anos o orzamento municipal “en tempo e forma” e salientou o incremento do 30% no gasto para 2023.
mércores, 2 nov 2022
“Seguimos avanzando no Vigo Vertical” sinalou o alcalde en rolda de prensa ao informar da aprobación, este xoves, na Xunta de Goberno Local dará luz verde do proxecto de obra de implantación das ramplas mecánicas de transporte peonil.
luns, 31 out 2022
Nun mes aproximadamente arrancará a instalación da rampla mecánica de acceso ao centro de saúde de Teis que conta cun orzamento de 1.245.186 euros. O proxecto inclúe a humanización de todo o contorno.
xoves, 27 out 2022
O alcalde informou na rolda de prensa deste xoves dos pasos que dará o Concello para avanzar nas obras de humanización da Porta do Sol, paralizadas por cuestións arqueolóxicas por Patrimonio da Xunta de Galicia.
xoves, 27 out 2022
O alcalde informou en rolda de prensa dos acordos acadados pola Xunta de Goberno Local para iniciar novos elementos do Vigo Vertical e humanizacións.
xoves, 27 out 2022
Abel Caballero participou este xoves no acto simbólico de colocación da primeira pedra das obras que supoñerán o cambio desta vía que, segundo explicou, se atopa en “estado lamentable” e que incrementará o ancho e gañará beirarrúas.
venres, 21 out 2022
A Xunta de Goberno Local extraordinaria aprobou este venres un conxunto de investimentos “para a cidadanía”, que inclúe humanizacións, promoción da cidade ou pagamentos do incremento da luz e que se financiarán na súa totalidade con fondos municipais, sen recorrer a crédito nin endebedamento financeiro.
xoves, 20 out 2022
O Concello rematou as obras de implantación do novo ascensor que une a Praza da Estación co cruce de Urzáiz e Vía Norte ao que dedicou 386.914 euros. Este novo elemento do Vigo Vertical permite salvar 12 metros de altura, ten capacidade para 13 persoas e pode funcionar ata un máximo de 240 veces por hora.