xoves, 20 out 2022
O alcalde informou en rolda de prensa dos acordos acadados pola Xunta de Goberno Local para iniciar novas humanizacións e melloras na rede de abastecemento. Amais, engadiu as 129 actuacións que o goberno municipal ten en marcha en toda a cidade cun investimento superior aos 161 millóns de euros.
mércores, 19 out 2022
Na reunión mantida este mércores pola Xunta de Goberno da Femp coa Secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen, Abel Caballero apuntou que o cambio a LED das luces incandescentes aforraría en iluminación pública ata o 85% do consumo de enerxía, apuntando a capacidade de aforro que pode representar o illamento térmico dos case 300.000 edificios públicos.
martes, 18 out 2022
As obras avanzan segundo o previsto, cun prazo de finalización entre o mes de xaneiro e febreiro. Abel Caballero anunciou que a Gran Vía terá catro carrís de circulación no Nadal, dous de ascenso e dous de baixada.
xoves, 6 out 2022
O alcalde anunciou que serán 10.812 vivendas en 1.197 edificios as que poderán beneficiarse do Real Decreto que regular os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España financiado cos fondos Next Generation EU.
venres, 30 set 2022
Tal e como apuntou na rolda de prensa deste venres, o goberno municipal iniciará o procedemento para erguer as novas instalacións. Amais informou da inauguración do pavillón de Quirós, en Sárdoma, este sábado 1 de outubro.
xoves, 29 set 2022
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este mércores, na Casa da Entidade Local menor de Bembrive, a nova actuación de mellora da mobilidade peonil que se enmarca no convenio entre ámbalas institucións.
xoves, 29 set 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das obras entre Martín Echegaray e Darío Durán que renovará a rúa no “estándar de calidade das humanizacións da cidade”.
martes, 27 set 2022
O alcalde presenciou esta mañá o desenvolvemento dos traballos que o goberno municipal inicia “con toda a ilusión porque queremos seguir recuperando arqueoloxía en Vigo”. A escavación permitirá coñecer o estado dos restos arqueolóxicos na zona onde estaba a muralla da cidade nos séculos XVII a XIX.
luns, 26 set 2022
Caballero lamentou coñecer a través da prensa a comunicación do goberno autonómico de alerta en Zamáns e a prealerta nos ríos Verdugo e Oitavén pola seca. O rexedor pídelle á Xunta que reduza o caudal hidrolóxico “porque é unha opción e permite ter garantidos máis días de auga” e esixe á Xunta a captación de auga en alta.
venres, 23 set 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á nova convocatoria deste programa co que quere poñer en valor o patrimonio da cidade. Amais, queda aberto o prazo para participar na IV Batalla Mural, o concurso de arte urbana de Vigo.