Escoitar

O Concello humanizará unha vintena de rúas no rural

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto para a humanización dunha vintena de rúas nas parroquias de Vigo cun importe de 1.284.632 euros. Tamén o goberno local asfaltará e mellorará a rúa Torrecedeira.

xoves, 1 dec 2022

Vigo seguirá a humanizar o seu rural tras o acordo da Xunta de Goberno polo que se adicará 1.284.632 euros para o asfaltado e mellora de rúas nas parroquias. O prazo de execución é de 7 meses.

Abel Caballero anunciou que o goberno local actuará en Camiño Pousa (Castrelos), Camiño Couto (Beade), Camiño Rioboo (Salgueira), Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), Estrada José Rivas (Coruxo), Camiño Caringosta (Alcabre), rúa San Paio (Navia), Camiño San Xurxo (Saiáns), rúa Penís (Cabral), rúa Párroco Don Serafín (Teis), rúa Cantabria (Teis), rúa Fonte Escura (Lavadores), Camiño Sabaxáns (Lavadores), Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio), rúa Parrocha (Bembrive), Camiño Besada (Candeán), rúa Vista do Mar (San Xoán)

“É unha primeira relación dun número de rúas que son humanizadas e seguiremos facendo outras máis adiante”, expresou o rexedor, que tamén deu conta da aprobación do proxecto para o asfaltado e mellora da rúa Torrecedeira cun orzamento de 673.225 euros.

Proxecto europeo para a mellora da mobilidade

O rexedor tamén deu conta de que Vigo será a cidade piloto para a proba do proxecto europeo IN2CCAM para o que ten asignado 144.313 euros. O obxectivo é recoller experiencias técnicas de tráfico durante trinta e seis meses para a análise e a posterior definición e implantación de estratexias para favorecer o tráfico fluído e seguro.

IN2CCAM é un proxecto no que participan 22 entidades públicas e privadas de Italia, España, Alemaña, Finlandia, Bélxica, Luxemburgo, Portugal, Turquía e Grecia. Abel Caballero explicou que dous vehículos autónomos e conectados percorrerán a cidade e interactuarán con outros actores da vía para a recollida de datos. “Imos estudar ben como compórtase o tráfico”, concluíu.

Descargar todas as imaxes