venres, 2 decembro 2022

Concello e Conxemar ratifican o seu acordo de colaboración na organización da feira do conxelado

venres, 2 dec 2022

O alcalde mantivo esta mañá un encontro co presidente e coa directora xeral de Conxemar, Eloy García e Yobana Bermúdez, respectivamente, no que Caballero ratificou o compromiso do Concello coa feira á que apoia con 100.000 euros. Outro dos asuntos dos abordados na reunión foi a necesidade de mellorar os accesos e nese punto o alcalde lembrou que o goberno local encargará un proxecto que terán que levar a cabo Goberno Central e Xunta, como administracións competentes. Por último, acordaron implementar un plan de tráfico para a seguinte edición de Conxemar.

O Torneo Cidade de Vigo de baloncesto 3x3 dará visibilidade a esta modalidade "que cobra corpo", di Abel Caballero

venres, 2 dec 2022

O alcalde de Vigo presentou a primeira edición do Torneo Cidade de Vigo de baloncesto 3x3, outra iniciativa da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) por encargo do Concello. O vindeiro 30 de decembro, venres, o polideportivo de Navia acollerá partidos de catro categorías (minibásquet, infantil/cadete de primeiro ano, cadete de segundo ano/xuvenil e sénior).