Iniciada a colocación da cuberta da grada de Marcador
Abel Caballero explicou esta mañá a complexidade técnica do montaxe. A grada estará rematada para o encontro que se disputará o 12 de marzo.
A estrutura da cuberta da grada de Marcador arrincará no día de hoxe, como explicou Abel Caballero, serán sete partes que fan “un total de 260 toneladas e 6.800 metros cadrados”.
Na fase que arrinca hoxe, elevarase un tramo próximo a grada de Tribuna, “que pesa 42 toneladas e ten 1.000 metros cadrados, composto por 518 barras e 220 esferas”, coa dificultade de “elevalo uns 30 metros dende cota cero”. Unha vez instalada toda a estrutura, levarase a cabo a cubrición que empatará Marcador coas gradas de Tribuna e Río.