Escoitar

O prazo para solicitar as axudas municipais a familias arranca este sábado 3 de decembro

Desde mañá sábado 3 de decembro ata o 2 de febreiro permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para libros destinadas a familias con fillos/as en ensino obrigatorio. Cun orzamento total de 5,2 millóns, cada estudante recibirá 205 euros.

venres, 2 dec 2022

O BOPPO publica hoxe o extracto do acordo da Xunta de Goberno polo que se convocan axudas municipais a familias con fillos/as en ensino obrigatorio. Cun importe global de 5,2 millóns de euros, cada estudante recibirá 205 euros para axudar a financiar os libros. O prazo de solicitude comeza mañá sábado 3 de decembro e rematará o 2 de febreiro.

Tal e como detallou, o único requisito é que o alumnado estea matriculado nun centro público ou privado concertado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo.

Respecto da documentación, hai que enviar unha solicitude por unidade de convivencia (pode incluír a varios fillos/as); DNI do solicitante; libro de familia ou documentación acreditativa dos membros da unidade familiar; certificado de matrícula do centro escolar e IBAN da conta da persoa solicitante da achega.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello (www.vigo.org), na que se establecerá un enlace directo. Tamén se recibirán solicitudes de xeito presencial para o que haberá que cumplimentar o formulario de solicitude para, posteriormente, presentalo no Rexistro Municipal.

Descargar todas as imaxes