Xulio Calviño presentou a sinalización da protección do entorno de Loriga contra o botellón, xa en vigor

xoves, 18 xuñ 2009

O concelleiro presentou hoxe xoves a nova sinalización vertical, sete paneis que delimitan a zona protexida do entorno de Loriga e co que o Concello pretende conciliar o descanso e o ocio cidadá na zona. Na fin de semana, axentes da Policía informarán á cidadanía -e sancionarían se reinciden- da nova norma e controlarán o cumprimento dos horarios de peche dos locais nocturnos.<br />

O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial actualizase cunha páxina web, máis dotación informática e cursos formativos

martes, 28 abr 2009

O concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño e o e o Xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentanron as novas accións formativas e informativas do Equipo de Vixilancia e Apoio Policial(EVAP). Este equipo ten como finalidade prestar unha atención preferente á asistencia e protección das mulleres que foron obxecto de comportamentos violentos no ámbito familiar e atenuar, na medida do posible, os efectos de devanditos malos tratos.