Escoitar

A Policía Local rescatou a unha cría de bufo en Samil caída do seu niño

A Unidade Medioambiental de Intervención Rápida da Policía Local de Vigo rescatou onte domingo na praia de Samil a unha cria de bufo que caera do seu niño e aínda non tiña idade para voar pola súa conta. Seguindo o protocolo establecido, o animal foi entregado ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Cotorredondo en bo estado.

luns, 13 xul 2009
A Unidade Medioambiental de Intervención Rápida da Policía Local de Vigo atendeu onte domingo á chamada dunhs cidadáns que atoparon na zona de monte próxima a un coñecido establecemento de Samil unha cria de bufo.

Unidades da UMIR, persoadas no lugar, procederon ao rescate do animal que debido á súa corta idade aínda non podía voar. Os policías contataron co Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Cotorrendo para entregarlles o ave en bo estado, seguindo o protocolo establecido.