xoves, 16 xul 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que acaban de adquirirse tres inmobles na rúa Abeleira Menéndez, un deles o pazo de Arias Taboada, para a ubicación da pinacoteca municipal, que será un novo centro expositivo do Museo da Cidade. O concelleiro asegurou que esté é o punto de partida para cumprir o compromiso de ter un lugar axeitado para expoñer os fondos pictóricos de Castrelos, que agora non se poden amosar por falta de espazo.
xoves, 16 xul 2009
Abel Caballero, xunto con outros membros da Corporación Municipal, acudiron hoxe xoves ás proximidades do mercado de Bouzas para visitar a recén rematada humanización do entorno, nas rúas Pescadores, Poeta Añón, Covadonga, Eduardo Cabello e Alfredo Brañas. Preto de 300.000 euros de investimento para saldar "unha débeda da cidade con Bouzas", salientou o alcalde.
xoves, 16 xul 2009
O concelleiro de Mobilidade e Transporte, Xulio Calviño, presentou este xoves o plan de tráfico habilitado para o Festival Aéreo Internacional de Vigo do vindeiro domingo, baixo a premisa de "potenciar o transporte público". Ademais das lanzadeiras, delimitaranse carrís bus nas Avenidas de Castelao e Europa e restrinxirase nesta última o paso de vehículos privados en dirección Samil.
xoves, 16 xul 2009
O alcalde, o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar Social deron hoxe a benvida do Concello de Vigo aos 50 nenos e nenas saharauis que este ano están acollidos por familias viguesas dentro do programa "Vacacións en Paz", que conta co financiamento do departamento de Benestar.
xoves, 16 xul 2009
O auditorio de Castrelos abre o venres a programación das Festas de Verán coa actuación do grupo Keane ás 23.00 horas