Tráfico habilitará lanzadeiras cada cinco minutos desde Travesas para presenciar o Festival Aéreo en Samil
O concelleiro de Mobilidade e Transporte, Xulio Calviño, presentou este xoves o plan de tráfico habilitado para o Festival Aéreo Internacional de Vigo do vindeiro domingo, baixo a premisa de "potenciar o transporte público". Ademais das lanzadeiras, delimitaranse carrís bus nas Avenidas de Castelao e Europa e restrinxirase nesta última o paso de vehículos privados en dirección Samil.
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, anunciou hoxe xoves que habilitaranse lanzadeiras de VITRASA cada cinco minutos desde Praza de América ata Samil para presenciar o Festival Aéreo Internacional de Vigo, que celebrarase o próximo domingo, 19 de xullo.
Baixo a premisa de "potenciar o transporte público" como "a mellor vía de acceso para ver o Festival", Calviño avanzou que reforzaranse as liñas de transporte público con destino Praza de América o vindeiro domingo e ampliarase o dispositivo habitual coas 30 novas lanzadeiras que unirán ambos puntos da cidade desde as 08:00 horas. En total, 69 autobuses mobilizaranse para que os vigueses poidan presenciar o Festival Aéreo Internacional de Vigo en Samil.
A Avenida de Castelao verá delimitado con conos -desde a glorieta do centro comercial en dirección Samil- un carríl para uso exclusivo do transporte público nos momentos de acceso ao areal. Chegados á finalizacion do evento, o devandito carríl pasará a ser efectivo ao outro lado da Avenida, en dirección saída.
Desde a rotonda do Colexio Amor de Dios, na Avenida de Europa, ata o Museo Verbum -onde estará localizada a parada dos autobuses-, os dous carrís da parte dereita en dirección á praia estarán reservados para o transporte público, un para cada sentido. Os dous dirección saída permanecerán como habitualmente, abertos ao transporte privado tamén. Os vehículos terán prohibido o acceso a Samil pola Avenida de Europa desde as 08:00 ata as 18:30 horas do mesmo domingo, quedando o acceso exclusivo pola Avenida Atlántida e pola rúa Muiños.
Por outra banda, a rúa Camilo Veiga pasará a ser durante a xornada do domingo de dobre sentido, para o que se restrinxirá o aparcamento desde a noite anterior; e a VG-20 tamén verá restrinxido o tráfico ata a ponte de Bouzas por coincidiren o Festival Aéreo coa celebración das festas da parroquia viguesa.
Xulio Calviño adiantou que un total de 53 efectivos policiais conformarán o dispositivo especial de seguridade para a xornada, composto por un inspector principal, dous inspectores, cinco oficiais e corenta e cinco axentes. Os policías encargaranse de asegurar a mobilidade e prestarán especial atención á dobre fila, para que o que contarán cun total de 7 guindastres operativos, polos dous habituais nas xornadas dos domingos.
Descargar todas as imaxes