Escoitar

Case tres mil localidades vendidas xa para o concerto de Keane, que abre o venres as Festas de Verán

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesús López, anunciou hoxe que a venda de localidades para o concerto de Keane, que terá lugar este venres no Auditorio de Castrelos (23:00 horas), vai a moi bo ritmo, "xa que nestes momentos hai vendidas case tres mil localidades, o cal nos augura un cheo absoluto".

mércores, 15 xul 2009
1247661105keane.jpg
Hoxe celebrouse a rolda de prensa de presentación do concerto, no que este coñecido grupo de pop rock alternativo terá como teloneiro a un grupo de casa, Niño y Pistola, de forma que tamén se lle dará a oportunidade á xente de Vigo para que se coñeza o seu traballo.

Xesús López destacou que coa actuación do venres 17 comeza a programación de concertos e "o facemos cun concerto estrela, xa que recibimos a Keane, número 1 en diferentes listas de éxitos, co seu rock melancólico". O edil recordou a aposta de "facer unha programación tremendamente vaiada, ampla, pensada para cubrir os diferentes gustos".

Pola súa parte, o representante da promotora Sweet Nocturna, David Lago, agradeceu o esforzo feito polo Concello de Vigo para confeccionar unha programación variada e de calidade e destacou a exclusividade do concerto de Keane, xa que "na península só realizará dous concertos, o de Vigo e o de Porto, o cal significará que todos os seguidores de Keane terán que vir a Vigo se queren contemplar un concerto dos seus ídolos en España. O grupo está a facer unha xiral mundial do máis alto nivel, por iso era complicadísimo que estivera en Vigo e ten moita máis importancia a súa presenza na nosa cidade".

O promotor destacou que o equipo de luces solicitado é moi sofisticado e que o espectáculo que trae o grupo será moi atractivo para o público. Con respecto ás peticións dos membros da banda asegurou que "non pediron nada raro, só postais, selos e información da cidade. Todo moi normal".

KEANE
17 de xullo no auditorio de Castrelos (23:00 horas)
Trátase dun grupo de pop rock alternativo procedente del East Sussex, na Inglaterra do sureste. Todos os seus álbumes editados, Hopes and Fears, Under the Iron Sea y Perfect Symmetry, foron directos ao número 1 da lista de vendas do Reino Unido inmediatamente despois do seu lanzamento e acadando algo máis de 9,5 millóns de copias vendidas.

Os membros da banda son Tim Rice-Oxley, compositor e pianista, Tom (Oliver) Chaplin, vogalista, organista e nalgunhas ocasións guitarrista, e Richard Hughes na batería. Keane é coñecido por empregar o piano como o seu principal instrumento en lugar de guitarras, ao contrario que moitas bandas de rock. Porén, fan uso de pedais de efectos e sintetizadores, dándolles un gran rango de sons non limitados ao tradicional son do piano.[] A voz de Tom Chaplin é considerada un dos factores do éxito do grupo. Respecto ás influenzas, teñen citado bandas como Beatles, Depeche Mode, U2, Radiohead e Pet Shop Boys. O seu último disco, Perfect Symmetry, foi nomeado en decembro do 2008 o mellor disco do ano por Q Magazine e Q radio. O sinxelo Perfect Symmetry foi a mellor canción do ano.

Discografía:
2008: Perfect Symmetry
2006: Under the iron sea
2005: Hopes and fears

Teloneiro: Niño y Pistola

O grupo baionés será o encargado de abrir o concerto dos ingleses KEANE. Debutaron con Como un maldito guisante (Mulberry Records 06) e recibiron unha magnífica acollida por parte do público e a prensa especializada. No seu novo traballo, Culebra (Astro 08), Niño y Pistola evoluciona cara a un terreo máis sólido no que as cancións amosan todos os seus matices e carga emocional.

As entradas están a venda a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). Las localidades teñen un prezo de 10 euros en anticipada e 12 euros en taquilla.
Descargar todas as imaxes