Escoitar

Voluntarios de Vigo agradecen a Paco León o seu apoio á Oficina Municipal de Voluntariado

A historia de Paco León e o seu vínculo coa OMV comenza cando na temporada pasada apareceu nalgún episodio da serie Aida de forma anecdótica coa camiseta da Oficina Municipal de Voluntariado.

martes, 14 xul 2009
1247574642pacoleon.jpg
Aproveitando o seu paso pola cidade de Vigo, o pasado venres 10 de xullo, con motivo da representación teatral da obra de Javier Daulte "Estás ahí?" un grupo de voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo tivo a ocasión de visitalo e de agradecerlle o seu compromiso coa promoción do voluntariado, xa que dende que vestiu a camiseta da Oficina Municipal de Voluntariado, converteuse nun referente para o amplísimo colectivo de voluntarios/as desta cidade.

Paco León é coñecido principalmente polo seu papel de "Luisma" na serie de televisión Aída que emite a Telecinco, inda que tamén traballou no programa de Antena 3 Homo-zapping, imitando a diferentes personaxes populares da televisión en España, así como en varias obras de teatro, películas de cine, e outras series televisivas.
Descargar todas as imaxes